Pedro Sánchez fai balance do ano

Balance do ano do presidente do Goberno español coa variante ómicron do coronavirus disparando os contaxios no país e Pedro Sánchez convencido das ferramentas para afrontala: «Grazas á ciencia, grazas tamén á prevención e á unidade institucional faremos fronte a esta nova variante do covid con maiores garantías e sen ningunha dúbida con maiores fortalezas: a fortaleza de ser un dos primeiros países do mundo en vacinación e en responsabilidade polo uso, eu diría que masivo, da máscara por parte da cidadanía.»

O presidente afirma que hai que equilibrar saúde pública, saúde mental e economía no día en que o ministerio de Sanidade reduciu de 10 a sete días a cuaretena dos contaxiados.

No seu discurso, o xefe de Goberno quixo certificar o bo momento da coalición entre socialistas e Podemos: «Esa estabilidade política significa dúas cousas: a primeira lexislatura de catro anos e eu garanto o seu cumprimento e en segundo lugar uns orzamentos aprobados en tempo e forma.»

Sánchez garantiu que manterá a reforma tal cal foi pactado con sindicatos e empresarios á espera de que o Congreso a aprobe e mandou unha mensaxe á oposición: «Creo que a política debe tomar boa nota do desempeño dos nosos axentes sociais e facer do debate político un espazo para o acordo e para o encontro. Tamén loxicamente para a lexítima discrepancia, pero insisto, esa discrepancia tense que basar no respecto ao adversario e na boa educación.»

O presidente tamén quixo resaltar a importancia do proxecto europeo e o compromiso do país con el.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha