Pedro Sánchez | “Faremos o que faga falta, onde faga falta e cando faga falta”


  • A Generalitat apraza as Fallas de Valencia por mor do coronavirus.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno: “Non imos consentir que tensións de liquidez temporal se volvan problemas de solvencia para as nosas empresas. Imos dar un apoio decidido á liquidez das empresas e en particular ás PEMES.

Tamén garantiremos o benestar das familias. Imos apoialas facilitándolles a redución das xornadas laborais e con axudas para o coidado de menores en caso de peche de centos educativos.

Para combater esta emerxencia de saúde pública faremos o que faga falta, onde faga falta e cando faga falta. E xuntos superaremos esta crise”