Pedro Sánchez felicita o Nadal ás tropas no exterior


Como é tradicional na mañá de Noiteboa, o presidente do Goberno en funcións, acompañado da ministra de Defensa en funcións, Margarita Robles, felicitou o Nadal aos miles de militares despregados en diversos puntos do mundo, como Iraq, Afganistán, Colombia, O Líbano, Lituania, A República Centroafricana e, mesmo, A Antártida. Sánchez valorou o “enorme traballo, dedicación e esforzo” destes homes e mulleres, así como o seu “sacrificio, abnegación, vocación de servizo e sentido do deber”, valores polos que son apreciados polos españois.