O presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, encomiou a «abnegación» e a «entrega» dos profesionais. «Sodes os garantes da estabilidade que España, Europa e o mundo necesitan», insistiu na tradicional videoconferencia coas unidades españolas das Forzas Armadas despregadas no exterior para felicitarlles as festas e agradecerlles o seu traballo durante todo o ano. O xefe do Executivo lembrou que este 2022 a piques de concluír «trouxo de volta o espectro da guerra ao continente europeo» coa invasión rusa de Ucraína. «Este conflito puxo a proba a cohesión e a fortaleza da Unión Europea e tamén da OTAN. E quero dicir, con todo orgullo, que nun contexto tan difícil, tan complexo, o voso labor estivo á altura deste enorme desafío», matizou.
44