Pedro Sánchez insiste na unidade de Europa para resolver a crise de Ucraína


Pedro Sánchez insiste na unidade dos 27 países membros da Unión Europea para resolver a crise en Ucraína. O presidente do Goberno asegura que Europa está preparada para todas as eventualidades. Tras unha conversa coa presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, reiterou que a vontade da comunidade internacional é firme. Sánchez tamén conversou telefonicamente co secretario xeral da OTAN, quen lle agradeceu que despregara a fragata Blas de Lezo, que este sábado partiu de Ferrol.