O presidente do goberno español Pedro Sánchez acorda con sindicatos e patronal medidas para garantir a viabilidade das xubilacións. O acordo para reformar o sistema público de pensións busca garantir o poder adquisitivo e a súa permanencia, cando aumente a poboación xubilada e sexan menos os traballadores que cotizan. A reforma derroga parte da normativa que estableceu o anterior goberno do conservador Partido Popular en 2013, e garante unha revalorización anual, mentres que antes estaba suxeita á evolución da inflación. O presidente da patronal, Antonio Garamendi, lembrou que o acordo alcanzado no diálogo social, recolle a recomendación do Pacto de Toledo de que as pensións manteñan o poder adquisitivo. A reforma é a primeira doutras que se deben acordar nos próximos meses, e que os sindicatos auguran como difíciles.