Pedro Sánchez: “Non haberá referendo de autodeterminación”


“Nunca xamais”, con estas palabras comprometeuse o presidente do Goberno de España a que non haberá un referendo de autodeterminación en Cataluña. Pedro Sánchez compareceu para falar no Congreso dos deputados sobre a polémica dos indultos aos presos de procés. Aludiu a razóns de utilidade pública e á reconciliación nacional para xustificar os indultos e lembrou aos independentistas que son indultos parciais, que quebrantaron a lei e que o Goberno seguirá actuando coa mesma firmeza se se reproducen os comportamentos. Ante a declaración tallante de Sánchez sobre o non apoio ao referendo de autodeterminación, Esquerra Republicana de Cataluña lembroulle ao presidente que tamén dixo que non habería indultos e que ao final os houbo. Mentres que Junts cualificou unha “farsa” a proposta de diálogo marcada entre o presidente do Goberno de España e o de Cataluña para o próximo mes de setembro.