Pedro Sánchez: «Non soamente estamos a crear máis emprego, senón mellor emprego»

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, destacou, na clausura da XXXVII Reunión Anual do Cercle d’ Economia, que a mellor política social é a combinación de emprego digno e un Estado do Benestar forte, sen que deba haber un dilema entre ambos. «Non soamente estamos a crear máis emprego, senón mellor emprego», subliñou.

Sánchez remarcou que, grazas á reforma laboral, case un de cada dous contratos asinado en abril foi indefinido, todo iso nun mes no que España superou por primeira vez os 20 millóns de afiliados, cun ritmo de crecemento anual do emprego superior ao 5%. «Temos o firme propósito de crear máis emprego digno e de fortalecer o noso Estado do Benestar», defendeu. O presidente do Goberno confiou en que os datos de mercado laboral continúen sendo positivos no segundo trimestre do ano, despois das excelentes cifras de afiliación de abril.

O xefe do Executivo interveu nun acto no que se fixo entrega á presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, do II Premio á Construción Europea. Previamente ao acto, ambos mantiveron unha reunión na que abordaron algúns asuntos destacados do próximo Consello Europeo, como a situacion en Ucraína ou o Plan REPowerEU.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha