50
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, volveu comparecer, unha semana despois de decretar o estado de alarma, cun discurso no que reiterou a necesidade de vencer ao virus, defendendo o labor dos profesionais sanitarios, militares e de corpos e forzas de seguridade do Estado.
Durante máis de media hora fixo un relatorio do baixo consumo de combustible e a reducción de delictos, o alto consumo de Internet, entroutras cousas, e dixo que ningún representante do executivo vai polemizar coas medidas que están adoptando para combater o Covid-19.