Pedro Sánchez pedirá unha prórroga do estado de alarma dun mes

1 minutes read

Será, segundo anunciou Pedro Sánchez, a última prórroga que pida, neste caso, non será por 15 días senón por un mes, para prolongarse ata o final da desescalada.

Neste período o ministro de Sanidade sería a única autoridade delegada, e xa non o serían os de Interior, Defensa e Transportes. O presidente do Goberno agarda que os contactos cos grupos parlamentarios poidan chegar a bo porto e alongar ese estado de alarma.

Tamén anunciou que o próximo Consello de Ministros ampliará en 20.000 millóns de euros os avais que o Goberno dará aos autónomos e ás pequenas e medianas empresas para afrontar os problemas xurdidos con motivo do Covid-19.

Sánchez rexeitou que as axudas que se vaian recibir de Europa sexan consideradas un rescate.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?