O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, pediu ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, que «rectifique» as súas alianzas con Vox e se abra » a grandes acordos de país» e asegurou que os socialistas son «a garantía» dos dereitos e as liberdades fronte ao avance da ultradereita. Sánchez fixo estas manifestacións durante o seu discurso de clausura da Convención Política que o PSOE celebrou na Coruña. Pedro Sánchez destacou o valor da Convención Política como forma de «actualizar o ideario» do partido para «dar un impulso de país e que continúe España avanzando» neste inicio de lexislatura e destacou os logros do Gobierno nestes dous meses, como a lei de paridade ou a subida do salario mínimo interprofesional. Tamén advertiu sobre o risco que supón «o avance da internacional ultradereitista que estamos a ver por desgraza tanto en Europa como na sociedade española e fóra do continente europeo». Sánchez lembrou que Vox foi o único partido que votou esta semana en contra de reformar o artigo 49 da Constitución para substituír o termo ‘diminuído’ por ‘persoas con discapacidade’ e pediu por iso ao xefe da oposición, Alberto Núñez Feijóo, que «rectifique as súas alianzas» co partido que lidera Santiago Abascal».
49