Pedro Sánchez pide que se cumpran “todos os artigos” da Constitución


O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, fixo un chamamento para “coidar a Constitución”, e a cumprir “todos os seus artigos”. Sánchez defendeu o cumprimento do texto constitucional e asegurou que o 6 de decembro é un bo día para “reivindicar” todo o que trouxo a Constitución aos españois tras “un tempo infame, unha ditadura moi prolongada”. Ademais lembrou que grazas á Carta Magna, España entrou na Unión Europea, despois dunha etapa de “ostracismo e illamento”.