42
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, fixo un chamamento para «coidar a Constitución», e a cumprir «todos os seus artigos». Sánchez defendeu o cumprimento do texto constitucional e asegurou que o 6 de decembro é un bo día para «reivindicar» todo o que trouxo a Constitución aos españois tras «un tempo infame, unha ditadura moi prolongada». Ademais lembrou que grazas á Carta Magna, España entrou na Unión Europea, despois dunha etapa de «ostracismo e illamento».