Pedro Sánchez prevé chegar a setembro con 33 millóns de inmunizados

1 minutes read
Foto.- Cedida.

«Estamos ante o principio do fin da pandemia» segundo Pedro Sánchez. O presidente do Goberno de España valorou positivamente as cifras relativas á vacinación que se manexan. O país contratou máis de 87 millóns de doses que chegarán entre abril e setembro, un trimestre crave para acelerar a campaña. «O ritmo de vacinación acelerarase este mes de abril. Imos sumar aínda máis todas as nosas forzas para vacinar e vacinar sen descanso». Sánchez enumerou varios fitos que se traducen en que a finais do mes de agosto haberá 33 millóns de españois, o 70% da poboación adulta, totalmente inmunizados. Mentres tanto, a pesar da fatiga e a impaciencia, debemos seguir protexéndonos, insistiu o presidente. Para que despois de que o 9 de maio chegue ao seu fin o Estado de alarma, non haxa que volver prorrogalo.