Pedro Sánchez probará si Torra lle colle o teléfono este martes

Imaxe Pedro Sánchez

Será o martes cando Sánchez chame o presidente catalán para falar da investidura, se lle colle o teléfono. Farao despois de contactar co Lehendakari vasco. Desde o PSOE critican o trato de favor que busca Torra, que quere entroutras cousas que o chamen de primeiro.
Pedro Sánchez, di que “Chama a atención que quen reclama diálogo critique despois ese diálogo con el e co resto de presidentes autonómicos”.
Sánchez choca con Torra, pero evita o enfrontamento con Esquerra Republicana, a quen precisa para a investidura e con quen segue negociando unha posible abstención.
Pedro Sánchez, afirma que o que lle están ofrecendo a Esquerra Republicana é “diálogo e seguridade xurídica dentro do marco das leis democráticas”.
A semana que vén Sánchez vaise reunir con Casado e con Arrimadas. Adriana Lastra encargarase dos contactos co resto de grupos parlamentarios, incluído Bildu, ao que ata o de agora vetaban.
Arnaldo Otegi, afirma que “A solución pasa porque os cataláns e os vascos votemos e decidamos libremente o noso futuro, con este espírito imos”.
Os socialistas non descartan aínda poder facer a investidura antes de que remate o ano.