O secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez, avanzou este mércores que o programa do PSOE ás próximas eleccións xerais do 23 de xullo incluirá a proposta de ampliar de 16 a 20 semanas a duración do permiso por nacemento ou adopción de fillo. Así o anunciou nun acto xunto ao ministro de Inclusión, Seguridade e Migracións, José Luis Escrivá, na sede do PSOE en Madrid, onde tamén avanzou que, nesa extensión, da semana 17 á 20 compaxinaríase co traballo a tempo parcial. Xunto a esto, Sánchez comprometeuse a incluír no Estatuto dos Traballadores o mandato legal de que o salario mínimo interprofesional (SMI) sexa o 60% do salario medio. «Garantilo por lei, non como compromiso político», subliñou Sánchez.