Pedro Sánchez promete axudas para A Palma e reivindica o diálogo en Cataluña


  • O Goberno anunciou a declaración de zona catastrófica e un paquete de medidas polos danos.

O xefe do Executivo informou da creación dunha Comisión Mixta para a execución dun Plan Especial, que contará con representantes de todas as administracións -Goberno de España, Goberno de Canarias, Cabildo da Palma e concellos de Los Llanos de Aridane, El Paso e Tazacorte-.

Nunha breve comparecencia sen preguntas desde A Palma, para anunciar as medidas do Goberno tras a erupción volcánica na illa, Sánchez lembrou que cando se produciu a huída do expresidente catalán en España “había outro Goberno” e que o Executivo que preside “sempre mantivo respecto a todos os procedementos e acatamento ás decisións xudiciais”. Pedro Sánchez, pediu a Carles Puigdemont -detido o xoves á súa chegada á illa italiana de Sardeña- que “se someta á xustiza” e reivindicou “hoxe máis que nunca” o diálogo para que os cataláns poidan “reencontrarse” entre eles e co resto dos españois.

Pola súa banda, o presidente catalán, Pere Aragonès, afirmou nunha comparecencia posterior que a situación é ” gravísima”, acusou ao Estado español de “enganar” á xustiza europea e asegurou que a detención de Puigdemont “non axuda” ao proceso de negociación e non contribúe a xerar “confianza entre as partes”.