- O Goberno anunciou a declaración de zona catastrófica e un paquete de medidas polos danos.
O xefe do Executivo informou da creación dunha Comisión Mixta para a execución dun Plan Especial, que contará con representantes de todas as administracións -Goberno de España, Goberno de Canarias, Cabildo da Palma e concellos de Los Llanos de Aridane, El Paso e Tazacorte-.
Nunha breve comparecencia sen preguntas desde A Palma, para anunciar as medidas do Goberno tras a erupción volcánica na illa, Sánchez lembrou que cando se produciu a huída do expresidente catalán en España «había outro Goberno» e que o Executivo que preside «sempre mantivo respecto a todos os procedementos e acatamento ás decisións xudiciais». Pedro Sánchez, pediu a Carles Puigdemont -detido o xoves á súa chegada á illa italiana de Sardeña- que «se someta á xustiza» e reivindicou «hoxe máis que nunca» o diálogo para que os cataláns poidan «reencontrarse» entre eles e co resto dos españois.
Pola súa banda, o presidente catalán, Pere Aragonès, afirmou nunha comparecencia posterior que a situación é » gravísima», acusou ao Estado español de «enganar» á xustiza europea e asegurou que a detención de Puigdemont «non axuda» ao proceso de negociación e non contribúe a xerar «confianza entre as partes».