Pedro Sánchez promete o cargo como presidente do Goberno español

Ante o rei Felipe VI e as principais autoridades do Estado, e como fixo a primeira vez, prometeu lealdade á Constitución, sen Biblia nin crucifixo.

Tras oito meses como presidente en funcións, Pedro Sánchez convértese no primeiro presidente dun Goberno de coalición en España desde a segunda República. O PSOE compartirá as carteiras do Executivo coa coalición esquerdista Unidas Podemos, liderada por Pablo Iglesias. Aínda que haberá que esperar á semana que vén para coñecer a composición do novo Goberno.

A vicepresidenta en funcións, Carmen Calvo, dixo que o presidente necesita uns cuantos días para poder armar un Goberno «estable» que poida facer fronte á actual situación en España e que dure catro anos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha