O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, prometeu que o Goberno revisará o sistema sanitario cando pase a epidemia do coronavirus para reforzalo e pediu á partidos «unidade política» para afrontar esta crise, na que alertou que «o máis duro está por chegar».
Na súa comparecencia deste mércores no Congreso, Sánchez xustificou o momento no que se decretou o estado de alarma, que foi, segundo dixo, «cando se tivo a certeza de que resultaba imprescindible», porque «os dereitos que restrinxe e os bens que pon en xogo son suficientemente valiosos para ser preservados ata ese instante».
O xefe do Executivo advertiu que o máis duro desta crise «está aínda por chegar» e producirase cando o sistema sanitario «reciba o impacto de maior número de persoas contaxiadas». Ademais, Sánchez confirmou que cando conclúa esta pandemia o Executivo presentará o proxecto duns orzamentos xerais do Estado de «reconstrución social e económica» para os que espera contar co «apoio de todas as forzas políticas».