32
Na reunión telemática celebrada este domingo coas comunidades autónomas, Pedro Sánchez recomendoulles reforzar a atención primaria para a fase de desescalada. Trasladoulles que quere consensuar con eles algunhas medidas como o desconfinamento por territorios ou as condicións nas que saírán os nenos á rúa. Sobre todas esas medidas a tomar pídelles que elaboren as súas propostas.
Ademais o Goberno promete unha inxección de liquidez de 14.000 millóns extra ás comunidades para facer fronte á crise sanitaria. Os ministros pedían na rolda de prensa a partidos e comunidades superar o «frentismo» e remar todos xuntos.