Pedro Sánchez propón acelerar a fabricación de vacinas


No cumio social europeo do Porto o presidente do goberno español Pedro Sánchez defendeu ante os líderes da Unión Europea non só suspender patentes de vacinas senón ir aínda máis aló da proposta do presidente de Estados Unidos, Joe Biden, e acelerar a capacidade de fabricación e distribución, dar os medios para que poidan ser elaboradas no conxunto dos países do mundo onde sexan necesarias. Ademais Sánchez recalcou que a pandemia aumentara as desigualdades, económicas, sociais e interxeracionais. Subliñou a súa prioridade en acelerar en España a saída da emerxencia sanitaria para avanzar no impulso á recuperación económica e a creación de emprego.