Ao redor de 40 cidadáns e 15 persoas expertas asistiron ao acto de entrega ao presidente do Goberno das conclusións do informe, que elaborou a Asemblea Cidadá para o Clima. O texto conta con 172 recomendacións, enmarcadas en 58 obxectivos e organizadas en cinco grandes bloques: consumo; alimentación e usos de chan; comunidades, saúde e coidados; traballo e ecosistemas. O conxunto das recomendacións da asemblea busca proporcionar unha visión social sobre como acelerar na loita contra o cambio climático. Esta asemblea supón un exercicio de democracia deliberativa pioneiro no noso país, que congregou a un grupo de 100 cidadáns para reflexionar sobre a emerxencia climática e acordar un paquete de recomendacións e propostas.