Pedro Sánchez recibe o apoio do Comité Federal do PSOE


Pedro Sánchez recibiu este sábado o respaldo do Comité Federal do PSOE aos indultos para os líderes independentistas. Dixo que foi unha medida de “valentía” que xa causa efectos positivos cunha maior serenidade en Cataluña e apostou por un tempo novo de convivencia: “Contamos con todos, necesitamos a todos, así que unamos todos as nosas forzas neste novo tempo que se abre. E de igual maneira, o Govern da Generalitat de Cataluña deberá contar tamén con todos os cataláns, coa Cataluña independentista á cal eles queren representar, pero tamén coa non independentista”. O líder do PSOE debuxou un panorama esperanzador para España, no que a vacinación “vai coma un tiro” (esa foi a súa expresión) e cunha recuperación de emprego en xuño que cualificou como “histórica”.