Pedro Sánchez recibiu a dose de reforzo contra a covid


O presidente do Goberno recibiu na tarde deste venres a dose de reforzo contra a covid. Así o comunicou a través das redes sociais. Pedro Sánchez agradeceu o traballo do persoal sanitario, e reivindicou o papel das vacinas para facerlle fronte á pandemia. Sánchez acudiu ao centro de vacinación despois de facer balance dos dous primeiros anos da súa lexislatura á fronte do Goberno de coalición con Unidas Podemos, un balance no que destacou, en materia de pandemia, a súa preocupación pola “vertixinosa propagación” da variante ómicron nesta sexta onda, pero resaltou que estamos mellor preparados que hai un ano para facerlle fronte.