Pedro Sánchez destacou os logros do seu Goberno no peche do 40 Congreso Federal do PSOE, en Valencia, no que afianzou o seu liderado e do que sae unha dirección renovada. Logros como a masiva vacinación en España ou avances en materia de dereitos sociais, pero tamén promesas, como «a abolición da prostitución». Arroupado por varios dos seus correlixionarios europeos, o presidente do Goberno español e secretario xeral do PSOE, reivindicou a socialdemocracia como a opción política que dá solucións «xustas» e «solidarias» ante a actual crise. O principal reto para o PSOE e o seu socio de coalición, Unidas Podemos, é sacar a España da crise provocada pola pandemia, coa axuda dos 140.000 millóns de euros dos fondos europeos. A próxima proba para o PSOE será dentro dun ano e medio, nas eleccións autonómicas e municipais.
41