Pedro Sánchez reúnese con Sundar Pichai, director executivo de Google e Alphabet

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reuniuse na Moncloa co director executivo de Google e Alphabet, Sundar Pichai. Sánchez remarcou no encontro que a transformación dixital da economía é unha prioridade para o Goberno e que España destinará case 20.000 millóns de euros nos próximos anos para acelerar o proceso de dixitalización.

O presidente do Goberno tamén agradeceu a Pichai a gran aposta de Google por España. A tecnolóxica comprometeu investimentos nos próximos anos como o Centro de Excelencia en Ciberseguridade en Málaga, o cable submarino Grace Hopper, que conectará Bilbao con Nova York, ou a creación dunha rexión cloud en Madrid, todas elas exemplos paradigmáticos de proxectos de alto impacto. Ademais, Google está a colaborar con España no impulso das competencias dixitais entre a cidadanía.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha