En Murcia xuntouse cos alcaldes ribeiráns do Mar Menor, onde lle espuxeron os danos causados pola borrasca. Despois Sánchez, dirixiuse ata os concellos de Benicarló e Peñiscola, xa na provincia de Castellón, que tamén acusaron os efectos do temporal. Alí afirmou que «o que imos facer é axilizar ao máximo a tramitación de tódalas axudas, dos danos ocasionados por esta borrasca, e a partir daí, a canalizacion dos recursos económicos e financieiros que poidamos proveer ás familias e aos negocios afectados».
O presidente concretou que non se trata só de aplicar medidas económicas temporais, senón tamén de desenvolver unha cultura de prevención fronte a repetición dos fenómenos meteorolóxicos. «Este tipo de borrascas- afirmou o presidente- cada vez van ser máis agudas, e xa que logo imos ter que desenvolver entre todos unha cultura de prevención en canto á seguridade humana, ao deseño das nosas actividades, paseos marítimos, política urbanística».
Pedro Sánchez concretou esta cultura de prevención nunha política de cooperacion entre concellos, comunidades autonómas e goberno central na abordaxe da transición ecolóxica coa celebración dunha Conferencia de Presidentes Autonómicos.