Pedro Sánchez visita as zonas afectadas pola borrasca Gloria


En Murcia xuntouse cos alcaldes ribeiráns do Mar Menor, onde lle espuxeron os danos causados pola borrasca. Despois Sánchez, dirixiuse ata os concellos de Benicarló e Peñiscola, xa na provincia de Castellón, que tamén acusaron os efectos do temporal. Alí afirmou que “o que imos facer é axilizar ao máximo a tramitación de tódalas axudas, dos danos ocasionados por esta borrasca, e a partir daí, a canalizacion dos recursos económicos e financieiros que poidamos proveer ás familias e aos negocios afectados”.

O presidente concretou que non se trata só de aplicar medidas económicas temporais, senón tamén de desenvolver unha cultura de prevención fronte a repetición dos fenómenos meteorolóxicos. “Este tipo de borrascas- afirmou o presidente- cada vez van ser máis agudas, e xa que logo imos ter que desenvolver entre todos unha cultura de prevención en canto á seguridade humana, ao deseño das nosas actividades, paseos marítimos, política urbanística”.

Pedro Sánchez concretou esta cultura de prevención nunha política de cooperacion entre concellos, comunidades autonómas e goberno central na abordaxe da transición ecolóxica coa celebración dunha Conferencia de Presidentes Autonómicos.