Pedro Sánchez visitou a empresa Finsa en Santiago

Foto.- Borja Puig

O presidente do Goberno visitou este mércores a empresa madeireira galega Finsa, onde destacou o compromiso do Executivo coa economía circular, a protección forestal, a sustentabilidade e a eficiencia enerxética. Na súa visita ás instalacións de Santiago de Compostela, o Presidente do Goberno puxo en valor o plan de apoio, dentro dos fondos europeos, á implementación da economía circular e á normativa de residuos, dotado con 850 millóns de euros, e que contribúen a desenvolver a Estratexia Española de Economía Circular. Nesta liña, Finsa forma parte de iniciativas de I+D+i co obxectivo de buscar solucións para desenvolver desde Galicia un modelo de economía circular vinculado á cadea de valor do sector forestal, ao mesmo tempo que investigan no ámbito da bioeconomía e o uso eficiente da madeira como elemento estrutural.