Pedro Sánchez visitou as zonas afectadas polos incendios en Aragón 


Sánchez recoñeceu os terreos arrasados polo lume e fixo un chamamento para “extremar todas as precaucións ante os días tan difíciles e duros que quedan por diante nesta onda de calor”. Trasladou o firme compromiso do Executivo coa extinción dos focos activos e a posterior restauración das zonas afectadas. “Este Goberno vai envorcarse en recuperar canto antes o día a día das localidades afectadas; imos poñer todos os recursos necesarios para restaurar estas paraxes”, subliñou o presidente. Así mesmo, o xefe do Executivo insistiu na necesidade de “converter as políticas ambientais en políticas de Estado” para afrontar o desafío da mitigación e adaptación ao cambio climático. “Isto non ten nada que ver con ideoloxías, senón cunha realidade, cunha emerxencia climática que está a vivir o planeta”, concluíu.