Pedro Sánchez xa ten o seu novo Goberno

1 minutes read

O Palacio da Zarzuela foi este luns escenario do cambio levado a cabo por Pedro Sánchez no seu Executivo, co que tentar facer fronte ao que queda de lexislatura tras uns meses certamente complicados para o presidente e o seu equipo. Os cambios inclúen desde novos ministros ou cambios de carteira ata redución de vicepresidencias e máis presenza de mulleres.

O cambio máis significativo ten nome propio: Nadia Calviño é desde este luns nova vicepresidenta primeira, en substitución de Carmen Calvo, destacando tamén o ascenso de tres ata o de agora alcaldesas, Raquel Sánchez, Isabel Rodríguez e Diana Morant, aos ministerios de Política Territorial, Transportes e Ciencia e Innovación respectivamente. Ademais, Yolanda Díaz e Teresa Rivera ascenden un chanzo nas súas vicepresidencias, agora segunda e terceira respectivamente, e Félix Bolaños convértese en ministro de Presidencia. O ata o de agora ministro de Política territorial, Miquel Iceta, pasa a Cultura e Deportes. Os analistas ven en todos estes cambios unha volta ao PSOE máis tradicional, coa que Sánchez estaría a tratar á vez de impulsar a recuperación económica e de contentar a Bruxelas, cuxos fondos se antollan fundamentais para o futuro inmediato do país.