PEL Reactiva Carballo | Consulta aquí a lista provisional de beneficiarios

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este martes 23 de marzo a resolución da concesión provisional de subvencións PEL Reactiva para a reactivación económica e social da provincia da Coruña. Das 639 solicitudes recibidas polo Concello de Carballo pasan o primeiro filtro 466, pero, debido a que a cantidade máxima asignada pola Deputación Provincial da Coruña ao Concello é de 550.578,18 euros, na relación provisional figuran 269 persoas autónomas e microempresas, que percibirán un total de 550.500 euros repartidos en axudas individuais de 1.500, 2.000, 2.500 ou 3.000 euros, en función dos criterios establecidos nas bases do programa.

En canto ás demais persoas solicitantes, 11 solicitantes presentaron renuncia e 174 non cumprían con algún dos requisitos estipulados.

A partir da publicación da resolución no BOP ábrese un prazo de 10 días hábiles, contados a partir deste mércores 24 de marzo, para presentar a desistencia da solicitude ou as alegacións que se consideren oportunas.

O fondo PEL Reactiva está destinado a persoas autónomas e microempresas que reúnan algún destes requisitos:

  • Que se visen afectadas polo peche como consecuencia da declaración do estado de alarma de marzo
  • Que visen reducida nun 75% a súa facturación no segundo trimestre fiscal en comparación coa media do semestre anterior.
  • Que se visen na obriga de acollerse a un ERTE.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha