Pelotón de altura por Corme | 17ª Ruta Cicloturística

1 minutes read

O pelotón, composto por máis de 130 persoas, saíu da Praza da Ribeira e percorreu parte das zonas máis fermosas de Ponteceso como Cabo Roncudo, Pedra da Serpe ou a igrexa de San Hadrián de Corme Aldea onde se realizou unha parada para repoñer forzas antes de volver á Praza da Ribeira. Foron 12km de deporte e diversión. Sobre ás 13.00 horas levouse a cabo o sorteo dos agasallos. O alcalde de Ponteceso Xosé Lois García Carballido,  que tamén se animou a facer a ruta, foi o encargado de entregar os agasallos, no que o se izou coa prezada bicicleta Yoel Rodríguez, de Corme.

Dende o Concello de Ponteceso agradecen ás empresas colaboradoras: Almacenes Cross, Talleres Serafín Ures, Carpintería J.M., Agro Forestal Ures Torrado, Panadería Forniños, Eroski City, Sumera Laxe, Automóbiles Arautos, Joyería Relojería Romar, Construcciones Barca y Domínguez, Talleres Becerra, Iluminaciones Blanco Rieinuvi e Carpintería Javier Pérez Cancela, a súa colaboración no evento.

Unha ruta na que colaboraron activamente moitas persoas do Concello e tamén Protección Civil de Ponteceso.