Pepe López gañador do 52º Rally de Ourense

A retirada de Iván Ares cando ía a tres segundos do gañador final da proba Pepe López marcou o Rally de Ourense. Malia non considera-la decisiva, o actual campión de España sentíase decepcionado.

O gran beneficiado foi Pepe López, quen aos mandos do seu Citroen, impúxose cun minuto de vantaxe sobre o Hyundai de Pernía e dous sobre Vinyes e pasa liderar o supercampionato tralo abandono tamén de Xevi Pons.

Pepe López. Gañador do Rally de Ourense: «Rally duro, rally longo, pasou de todo, eu creo que había que estar en carreira como fose, conseguímolo e moi agradecido a todo o equipo»

O primeiro galego clasificado foi Javier Pardo, cuarto con Suzuki a pouco máis de dous minutos de Pepe López nun novo Rally de Ourense que resultou tan espectacular, coma duro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha