Pequenos e maiores participaron en Vimianzo no programa AgresiónOff 2020

Programa AgresiónOff 2020_Cedida

  • Realizáronse diferentes actividades desde as 11:30 horas da mañá

A praza do Concello na vila de Vimianzo acolleu este xoves o programa AgresiónOff 2020, onde maiores e pequenos realizaron diferentes actividades desde as 11:30 horas.

Ata as 17:00 horas desenvolvéronse obradoiros sobre os estereotipos de xénero, os mitos do amor romántico, a importancia da información que recibimos e transmitimos, actitudes dentro da parella, a imaxe que transmitimos a través das redes sociais, os riscos e as consecuencias do sexting e a violencia de xénero.

A actividade foi subvencionada integramente pola Xunta de Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha