Cando parecía practicamente erradicado de China, o coronavirus rexurdiu en Pequín. A capital, coas súas máis de 21 millóns de persoas está en alerta máxima. A alcaldía de Pequín decretou a entrada en fase II de resposta á emerxencia do coronavirus, o que significa o peche de colexios e a recomendación de traballar desde casa cando sexa posible. Ademais a alcaldía pediu aos seus habitantes que non saian da cidade. O brote xurdiu en Xinfadi, un xigantesco mercado que fornece de produtos frescos á cidade e que foi temporalmente clausurado. Miles de persoas están a ser sometidas a test e unha vintena de zonas residenciais foron postas en corentena. Xa hai máis dun centenar de casos positivos. Para a Organización Mundial da Saúde, o exemplo de China mostra por que non hai que baixar a garda. Sobre todo, porque lonxe de apagarse, o virus esténdese polo mundo cada vez máis rápido.
39