Perde a vida o condutor dun turismo tras bater cunha furgoneta na Pastoriza

1 minutes read

Un home de 81 anos de idade faleceu este luns tras bater o coche que conducía contra unha furgoneta, no concello lucense da Pastoriza. Os efectivos de bombeiros tiveron que excarcerar o corpo, pero os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida. O condutor da furgoneta resultou ferido.

Segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia e da Garda Civil de Lugo, o accidente tivo lugar pasados vinte minutos das 6 da tarde no quilómetro 60 da N-640, na parroquia de Fonmiñá.

Varios particulares contactaron con Emerxencias para informar de retencións nesa vía porque un coche acababa de chocar frontalmente contra un furgón. Desde o 112 informouse a Urxencias Sanitarias-061, bombeiros de Vilalba, GES da Pontenova, Garda Civil de tráfico e o servizo de mantemento da estrada.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?