Os equipos de emerxencia desprazados ata o punto encargáronse do rescate da persoa, que caeu ao mar desde o paseo marítimo.
Faltaban dez minutos para ás 9 da noite deste venres cando o 112 Galicia foi informado por Salvamento Marítimo do suceso. Na súa comunicación solicitaban asistencia sanitaria urxente para unha persoa que rescataran da auga a bordo do Helimer na zona de Monte Alto, na Coruña.
Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, malia os esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.
Cabe destacar que neste operativo tamén se contou coa colaboración dos Bombeiros da Coruña, dos axentes da Policía Local e dos membros de Protección Civil da Coruña.