43
Un traballador de 25 anos faleceu este venres golpeado por unha retroescavadora nunhas obras en Vigo, segundo informaron os servizos de emerxencias e os axentes da Policía Nacional despois de intervir neste suceso.
Malia os esforzos dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, nada puido facerse por este traballador, que se atopaba no lugar de Viña Grande, en Alcabre, nunha casa en obras.
Despois de recibir o aviso por parte do equipo médico, desde o 112 Galicia puxéronse en marcha os protocolos correspondentes para a mobilización dos recursos. Deste xeito, ademais de axentes e sanitarios, informouse á Policía Local de Vigo.