O Ourense CF está a loitar polos postos de cabeza da clasificación e tiña este mércores a oportunidade de axustar aínda máis esa loita sumando de 3 puntos ante o pechacancelas, a Sociedade Deportiva Sofán. Cunha vitoria os pontinos empatarían co segundo, o Somozas, e quedarían a tan só un do líder, o Polvorín, pero o partido se lles atrangantou no Couto. Nos últimos minutos da primeira parte unha falta sobre Amín nunha xogada dentro da área transformouse no penalti que Iker Hurtado converteu no 1-0. Tras a continuación, chegaba o gol da tranquilidade da bota de Hugo Sanz tras un gran pase interior de Manu Mosquera nunha xogada iniciada por Amín, 2-0. Pero o que parecía a sentenza viu a resposta de Martín Pereira no 82, 2-1, e a cousa non quedou aí, no tempo de prolongación empatou o Sofán, 2-2, que de pechacancelas, subiu un posto, ao 16 con 17 puntos, empatado con outro conxunto ourensán, o Atlético Arnoia, que é o novo pechacancelas.
53