Pere Aragonés comprométese a “facer inevitable a autodeterminación”


Pere Aragonés tomou posesión do seu cargo como president de Cataluña nun acto institucional no Palau da Generalitat, desde onde se comprometeu “a facer inevitable a amnistía e a autodeterminación” e a impulsar a transformación “social, ecoloxista, feminista e democrática que Cataluña necesita”.

Aragonés, que foi investido o pasado venres grazas aos votos a favor de ERC, Junts e a CUP, asegurou que desde a Presidencia loitará por “a xustiza social e a liberdade nacional”, dúas loitas que considera “indisociables”. “Asumo esta responsabilidade tendo moi presente o peso da historia”, engadiu.

O novo president catalán recoñeceu que o reto que se propoñen é “maiúsculo” e “inmenso”. É por iso que afirmou que “toca arremangarse sen medo a sufrir rasguños” co obxectivo de “superar as sacudidas que atopamos polo camiño”.