Pérez Jácome, alcalde de Ourense grazas a un pacto ‘in extremis’ co PP

1 minutes read

Jácome obtivo o apoio dos dez edís de Democracia Ourensana, Francisco Rodríguez sumou os seis votos dos socialistas e mais os catro dos nacionalistas do BNG, polo que empatou a dez votos e os concelleiros do PP, sete, déronlle o apoio a Manuel Cabezas. Tras esta votación e, como establece a lei de réxime local, ao non lograr a maioría absoluta de 14 votos ningún dos candidatos, quedou proclamado alcalde de Ourense o líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome. Repite como rexedor de Ourense no seu segundo mandato consecutivo. Democracia Ourensana e o Partido Popular chegaron a un acordo para deixar gobernar a lista máis votada no concello de Ourense e na Deputación.