Periodipesca volve á Comarca do Xallas


Do 16 ao 19 de Maio en Santa Comba a Asociación Internacional do Xornalismo Especializado en temas de caza, pesca, natureza e turismo rural e de aventura, Club Periodipesca, cuxo obxectivo principal céntrase na “sustentabilidade” e o “interese común”, ten un amplo e variado programa con motivo da sua XXVII Convención Internacional.

As Conferencias, nas que intervirán relatoras de primeira liña e tratarán temas de máxima actualidade, son un dos actos principais, xunto co Campionato internacional de Pesca de Salmónidos; as degustacións de “produtos dá terra e do mar”; catas de viños portugueses, galegos e doutros puntos de España; Exposicións de pintura sobre o Camiño de Santiago de consagrados artistas como, Irma Mª Loureiro ou Joaquín Formoso; os magníficos traballos do debuxante e caricaturista internacional, Omar Pérez; os retratos de Paco Gisbert e Ana Mª Aliaga, expertos en fotografía natural, cubrirán as paredes do Multiusos de Santa Comba.