Permanencia en Liga EBA, ao grande, para o Calvo Basket Xiria

1 minutes read

Partido moi serio dende o primeiro minuto (sabedores da importancia de gañar este encontro) por parte do Calvo Basket Xiria, saíndo cun parcial de 6-24 no primeiro cuarto e chegando ao descanso cun 18-42 no marcador e co partido encarrilado.

O segundo tempo os xogadores vallisoletanos do CB La Flecha intentaron tímidamente reducir diferenzas, pero desta vez o Basket Xiria reaccionou e cortou o intento local de coller o tren do partido. O último parcial xa foi de trámite, para gañar o partido por 39 puntos de diferecia.

Rematado este encontro, quedaba esperar resultados doutros equipos, que como xa avisara o adestrador do equipo carballés, Héctor Méndez, podiase dar o caso de acadar a permenanecia matemática nesta xornada. É así foi, ao perder o Santo Domingo de Betanzos, quédase a tres vitorias de diferenza cos carballeses, e polo tanto o CALVO BASKET XIRIA asegurou a permanencia e unha nova tempada máis na Liga EBA.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?