Permitido o desembarco de 27 menores do Open Arms en Italia

O ministo de interior italiano, Matteo Salvini, aceptou finalmente o desembarco en Lampedusa dos 27 menores do Open Arms non acompañados. Esta autorización foille imposta polo primeiro ministro, Guiusepe Conte, e Salvini dixo xa que sentaba un perigoso precedente.

A bordo, previamente, vivíronse os momentos moi emotivos da despedida que despexa un pouco o panorama deste grupo. Unha nave da autoridade aduaneira e outra de vixilancia costeira italianas encargáronse dunha operación que non deixou de lado a polémica.

O ministro de Interior dixo que este desembarco parcial fíxose ao seu pesar e por decisión do primeiro ministro, que senta un perigoso precedente. No barco seguen un menor acompañado, outros 106 migrantes e os seus 19 voluntarios. O fundador da ONG advertía nas últimas horas que a situación deles está fóra de control, e lanzoulles un SOS a Sánchez, Merkel e Macron. Salvini adiantou que espera para este luns novidades do Tribunal Administrativo do Lazio, o mesmo que permitiu a entrada do barco en augas italianas para protexerse dun temporal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha