33
O persoal da CRTVG advirte da manipulación partidista dos servizos informativos dos medios públicos. Nun duro comunicado, acusan o director xeral do ente, Alfonso Sánchez Izquierdo, e os responsables dos servizos informativos de «antepoñer unha vez máis os intereses do PP ao dereito da cidadanía a acceder a unha información veraz e plural». Alucen á cobertura da pandemia pola Covid-19, que consideran «un irresponsable e trapalleiro exercicio de precampaña electoral ao servizo do candidato Alberto Núñez Feijóo» a base de «criticar e desprestixiar a xestión do Goberno central».