O Persoal da CRTVG advirte da “manipulación” informativa sobre a pandemia


O persoal da CRTVG advirte da manipulación partidista dos servizos informativos dos medios públicos. Nun duro comunicado, acusan o director xeral do ente, Alfonso Sánchez Izquierdo, e os responsables dos servizos informativos de “antepoñer unha vez máis os intereses do PP ao dereito da cidadanía a acceder a unha información veraz e plural”. Alucen á cobertura da pandemia pola Covid-19, que consideran “un irresponsable e trapalleiro exercicio de precampaña electoral ao servizo do candidato Alberto Núñez Feijóo” a base de “criticar e desprestixiar a xestión do Goberno central”.