domingo, 10 mayo , 2026

Persoal da CRTVG cumpre 88 semanas de protesta

1 minutes read

88 semanas leva boa parte do persoal da CRTVG mobilizándose contra a manipulación, polo cumprimento da lei de medios e pola mellora dos medios públicos en Galicia. Este pasado venres, Defende A Galega, colectivo que organiza as protestas, reivindica «unha tele e unha radio que integren todas as audiencias: as do rural, as das cidades, as do interior, as da costa» e que estean «abertas á sociedade e se preocupen dos verdadeiros problemas dos cidadáns». Fontes do persoal dos medios públicos recoñece que o «control» sobre as informacións aumenta en casos como o de recoller a opinión da veciñanza ou da oposición en conflitos sanitarios como o do peche do paridoiro de Verín, por afectar a Xunta.