Persoal do SAF na Laracha recibe a primeira dose da vacina fronte a Covid-19

0 minutes read
  • Actualmente 135 persoas son usuarias deste programa

A empresa Siad21 Galicia S.L., concesionaria da prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) na Laracha, comunicoulle ao Concello que todo o seu persoal en activo no termo municipal recibiu a primeira dose da vacina contra o coronavirus.

En total foron administradas corenta vacinas entre as dúas persoas coordinadoras do servizo, a axudante de coordinación e as trinta e sete auxiliares.

Estes corenta profesionais sociosanitarios atenden actualmente aos 135 veciños do Concello da Laracha.